Mario Barassi (Super Ratones) hoxe no Manchita Cosa

Super Ratones sempre foron habituais da comarca con multiples aparicións no Felipop, agora están a preparar un novo disco esta vez sen unha das suas voces despois do triste finamento de Person.

A outra voz, Mario Barissi, estará estes dias en Madrid presentando en acústico temas novos e repasando clásicos; aproaveitando que está preto fai hoxe unha escapada ao Manchita Cosa ferrolano para agasallarnos cun concerto acústico. Representando a Felicia  Roger de Flor subirá con el para acompañalo nunhas cancións.

 

Mario Barassi (Super Ratones) hoxe no Manchita Cosa

Axenda para a 15ª fin de semana do 2016

Esta fin de semana é de traca, varios grupos de renome de toda España visitan Ferrol xunto con estrelas galegas e locais; e todo esto rodeado pola semana de Poesía Salvaxe que encherá multiples locais de poesía.

Venres

  • Corizonas no Teatro Jofre (20:30). 12€
    Los Coronas e Arizona Baby xuntan forzas para achegarse ao country, presentan novo disco que está a piques de sair.
  • Terbutalina e Aullido Atómico na Sala Super 8 (22:30). 6€/8€
    Festa punk rock aínda que no último disco dan pasos cara o garaxe, veñen acompañados dende Valencia por Aullido Atómico, compañeiros de selo.

Sábado

  • Alarido Mongólico no Manchita Cosa (23:00). 5€
    Festa presentación do novo cassette con Ferror Records. Despois dun parón volven con menos guitarra e mais base electronica, xa sexa trap ou house.
  • Las Migas no Teatro Jofre (20:30). Dende 10€
    Novos aires para o flamenco.

Domingo

  • Sharif no Auditorio de Ferrol (20:30). Desde 5€
    Hip-hop jazzy dende Zaragoza; estivo en Fuck da Posse e en 3 monos e agora pasea o seu disco en solitario El rayo que no cesa.
Axenda para a 15ª fin de semana do 2016

Facebook deixa engadir o mesmo evento a varias páxinas

Antes era así: primeiro chegábate unha invitación en facebook para un concerto, o evento foi creado pola sala que o organiza, ao rato chega outra invitación dun evento creado polo grupo que toca; se o levamos ao extremo chegará outra dos teloneiros e outra da páxina da discográfica. Asi cada un ten na súa páxina unha lista dos seus concertos pero ti tes overbooking na axenda: varios personas a promocionar varios eventos.

engadir-eventoAgora unha páxina de facebook pode engadir aos seus eventos un xa creado, e esto faise sinxelamente a través dunha opción que aparece no evento (xunto as opcións de asistencia e convites). Así as bandas poden engadir o evento no caso de que a sala crea eventos para todos os concertos ou crear o evento propio se a sala non fai os seus deberes. Un só evento, varias personas a promocionalo.

Aproveitando esta nova funcionalidade como ás veces esquécesenos recomendarvos os eventos molóns da semana nesta web imos engadir os eventos que nos presten na sección de eventos da páxina de facebook de A Pintega. Ademáis se vos suscribides en facebook aos eventos da Píntega apareceravos unha notificación (no imos a ser pesados prometido :D).

Porque esa e outra non sei se sabiades que vos podedes suscribir aos eventos que crea unha paxína para estar ao tanto, pero xa está aquí o Matachin pra darvos conselliños.

A semana que ven dígovos outra vía para promocionar os concertos.

Eventos que cunden
Eventos que cunden
Facebook deixa engadir o mesmo evento a varias páxinas

Malandrómeda – VHS do futuro

Volven Malandrómeda despois de cinco anos! Os mais mellores, o segredo mellor gardado do hip-hop mundial volven a editar material e pra compensar tanto silencio volven con lanzamento simultáneo de DOUS discos.

Os discos editaranos Matapadre en vinilo e dixital e polo de agora podemos desfrutar en streamingen duas webs: Os corenta e oito nomes do inimigo na Rockdelux e Cada can que lamba o seu carallo en Notodo.

Pero o mellor e a presentación en Compostela con unha ruta polos bares da zona vella, unha canción en cada local que viñeron en chamar De chea con Malandrómeda.

Ainda que pareza o contrario O Hevi non para, ultimamente estivo producindo o disco de Novedades Carminha e pronto irá con Fluzo a tocar en New York, que o ritmo non pare.

Malandrómeda – VHS do futuro

Mujeres – Lose Control

Novo videosingle dos barceloneses Mujeres para promocionar o seu novo álbum Marathon que mira ti por onde estarán hoxe na Super 8 de Ferrol.

Garaxe-rock festivo para a noite do venres, podedes escoitar mais de Mujeres en Spotify.

Mujeres – Lose Control

10º aniversario CGTH Rock & Roll Party

Maña venres na Super 8 e o décimo aniversario da CGTH Rock & Roll Party (Cretins Go To Heaven) que levan dez anos facendo festas onde o rock n roll e o punk rock retumban os oídos e por onde pasaron xente coma Novedades Carminha, Bubblegum, Samesugas, Los Valvulas, Las Nurses, Tumbitas… etc

CGTH

Este ano á cabeza do cartel están Bala: dúas rapazas (guitarra e batería) que ultimamente están por todas partes presentando Human Flesh cun rock moi pesado que ven do Bleach de Nirvana, do stoner rock e do metal.

Logo tamén estarán Klute que foi o descubrimento que mais me prestou do recopilatorio de Ferror Records e é que na casa somos NOVENTEIROS AS FUCK e o seu punk rock con toques power pop soan tremendos. Este ano sacaron o EP Summer Hits to Sing Along.

Pechan Os Novos, mais punk rock coa Xurásica de Compostela como denominación de orixe. Podedes escoitar o seu disco Nom Lugar no bandcamp de Lixo Urbano.

A festa esta posta para as 22:30 e a entrada custa 5€ (creo que con agasallo sorpresa) e despois pinchada bárbara cos CGTH DJs. E que dure mais anos esta festa!

10º aniversario CGTH Rock & Roll Party

Presentación de Ferror Records

ferror-recordsFerror Records é unha nova discográfica de Ferrolterra que nace coa intención de darlle pulo á escena local da comarca dende a militancia e o DIY segundo os seus principais responsables que son Sergio (integrante de Carrero Bianco) e Fernando Fernández Rego. A súa primeira referencia foi o sinxelo de presentación do novo de Carrero Bianco “Bombas de Cristal“.

Hoxe ás 22:30 na Super 8 será a presentación da discográfica xunto co lanzamento de Ferror Records Vol. 1 un CD con unha escolma de 16 grupos da comarca: Alarido Mongólico, Cable, Carrero Bianco, Cuerpo Astral, Espejos y Diamantes, Jamie Fifthring, Klute Band, Koroiev, Korokati, Kurwa!, Os Gru, Quant, Rubén Artabe, Síndrome Winona, Skyhooks e Weather Underground.

Na festa presentación actuarán Carrero Bianco e Quant presentando novos temas, dous acústicos de Weather Underground e de Síndrome Winona e o debut de Espejos y Diamantes, o novo proxecto de Quincho e Carlota de Carrero Bianco.

Moi necesario este paso, desexámoslle moita sorte neste proxecto.

APOIA A TÚA ESCENA LOCAL.

Presentación de Ferror Records